martes, 23 de mayo de 2017

Reflexión sobre "O noso proxecto"

Traballando no Plan Proxecta, estase a fomentar a innovación educativa no centro e, como non podía ser doutro xeito, a motivación do alumnado. Temos ferramentas para poder levar a cabo o "noso proxecto" e ademáis que poida ser compartido por toda a comunidade educativa. Resulta motivador ir proxectando as distintas actividades que se levan a cabo na aula.
Este traballo verase proxectado nos vindeiros cursos (5º e 6º), polo que terá continuidade no tempo.

A maneira de compartir estas actividades é a través do blogue.


Xa hai en mente novas actividades para levar a cabo, xa que imos plantar o aguacate, introduciranse as etiquetas nas plantas. Cada neno/a elaborará a súa etiqueta.






Asimesmo traballarase cos códigos QR. Cada planta terá o seu código para poder ver a información sobre a mesma.


En pinterest visualizaremos imaxes relacionadas co que se está a traballar e compartiremos as fichas dos nosos traballos.




miércoles, 3 de mayo de 2017

Curación de contidos


Unha das mellores formas nas que o alumnado aprende é si eles mesmos investigan sobre o tema e organizan e constrúen o seu propio marco de información. Neste proceso é imprescindible dispoñer de habilidades para buscar, comunicar e transformar en coñecemento a información. A curación de contidos é unha habilidade básica do proceso, tanto para o docente como para o alumnado. Este concepto, refírese á selección de información que outros producen arredor dun tema específico. Un traballo que o alumnado deberá realizar co docente como guía.
O proceso de curación de contidos conta con catro fases;
  1. Identificar e atopar a información.
  2. Filtrar esa información.
  3. Organizala.
  4. Distribuíla.
Na aula de 4º B, estase a levar a cabo esta curación de contidos para elaborar o caderno de aula, buscando información sobre plantas e froitas, para que, unha vez que estea organizada, poder distribuíla no Blogue (ferramenta ideal para facer curación de contidos).


Neste mes, o alumnado desta aula, está coñecendo a súa "futura aula Abalar" (o vindeiro curso serán usuarios dunha destas aulas). Un dos elementos das mesmas é o ultraportátil do alumnado, polo que a "curación de contidos" resulta primordial e imprescindible por parte do alumnado, educando así no manexo da información para a súa posterior transformación en coñecemento.



Outra das ferramentas de curación de contidos que emprego, ademáis de Pinterest, é a de Thinglink.